Branca Villares - músico de tradición oral
Son tocadora de pandeira,
veño de familia de mulleres cantadoras, son filla de gaiteiro...
Fago música das mulleres que me precederon, coas mulleres que me acompañan… e tento transmitir ás mulleres de mañá esta sorte de consonar entre compañeiras.
Interésome por outras tradicións orais musicais, e por atopar novos xeitos de divulgar o patrimonio, conectando artes e tendo presente a función social e emocional da música na comunidade á que pertence.
Música tradicional
Investigo e divulgo as músicas do Ciclo do Ano, as músicas da Montaña de Lugo e emprego a tradición musical galega para abordar a desigualdade, a violencia sexual contra a infancia ou contra as mulleres.
Que fago?
Docente e divulgadora da música tradicional galega
01.
Troupelear
A tradición musical como vehículo para traballar a igualdade, a integración ou a prevención de violencias.
02.
Proxecto Consoante
Resignificando a tradición oral das mulleres. Reflexión e toma de conciencia do que fomos e somos as mulleres nas nosas comunidades.
03.
Aulas
Actualmente imparto aulas regulares en diferentes localidades da montaña e da provincia de Lugo.
Accións nos centros de ensino
Divulgación cultural
Levo deseñado e implementado ducias de accións divulgativas culturais diferentes para
centros de ensino en tódolos niveis educativos. Tamén formación do profesorado, de músicos e do público xeral.
Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU